RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe admite que "nos xogamos moito" no choque ante o Málaga CF

Ager Aketxe pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Confesa que no vestiario deportivista os ánimos "están con ganas de resarcirse do último partido que fixemos. Xogámonos moito neste partido. Ao final estamos necesitados dunha vitoria. Estamos con ganas, con confianza para cando chegue o día do partido facelo o mellor posible".

Insiste en que Deportivo e Málaga CF, que se miden este domingo 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), están "con necesidade de puntos, con esa necesidade de coller unha boa dinámica para saír de aí. O que perda será un chasco".

Asegura que o equipo "está a asimilar ben" os conceptos de Luis César. "Nas Palmas foi moi pronto para ver esas ideas que el quere, pero esta fin de semana xa se notará", engade.

O atacante vasco pídelle á afección que "confíe en nós e que anime como o veu facendo até agora. E a remar todos xuntos".

A nivel persoal, conta que empezou a temporada "bastante ben. Logo tiven uns partidos que baixei un pouco ese punto. Ao final sigo contando coa confianza tanto de Anquela como de Luis César. O que teño que facer é aproveitar as oportunidades que me dean e tentar facelo o mellor posible".

Do Málaga CF destaca Ager Aketxe que "o non subir o ano pasado a eles afectoulles bastante. Pero ao final conseguiron quedar con bastantes xogadores de nivel e teñen un cadro bastante equilibrado en todas as liñas".

Admite que o equipo que caia en ABANCA-RIAZOR "seguramente que quedará bastante tocado. Pero isto é longo. Eu por exemplo o ano pasado en Cádiz tamén a estas alturas tiñamos practicamente os mesmos puntos e logo encadeamos 9 vitorias seguidas, e puxémonos en postos de playoff. É pronto para falar de final".