RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe comenta que Fernando Vázquez "nos cambiou a mentalidade" e Sabin Merino subliña que a afección "nos deu ese plus"

Ager Aketxe e o goleador Sabin Merino atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

Aketxe subliñou que "estamos moi contentos. É o bonito do fútbol. Antes parecía que era imposible gañar e agora cambiounos a marea. Hai que seguir aproveitando este momento de todo o equipo, estas ganas".

O atacante vasco recoñece que "antes tiñamos todos un bloqueo mental e parecía imposible encadear unha boa serie. Agora parece que veña quen veña podemos conseguir esa vitoria".

Comenta que o técnico, Fernando Vázquez, "deunos un plus, cambiounos a mentalidade. Os reforzos foron de moito nivel, están a axudarnos moito. E a seguir por esta liña".

A nivel persoal, "cando gañamos parece que todos estamos mellor. Ao principio tivemos unha xeira que todos pareciamos un pouco peores. Agora ao gañar, parece que todos saímos reforzados".

Pola súa banda, Sabin Merino confesa que o gol de hoxe e o do pasado xoves ante o Real Racing Club "son moi importantes para min. Por sorte tamén para o Dépor, que serviron para conseguir 6 puntos".

O dianteiro deportivista explica que "coñezo a varios compañeiros que no seu día estiveron bastante baixos mentalmente. Desde que eu cheguei, o equipo parece outra cousa. Hai un cadro moi bo, xogadores de moita calidade. Ao final iso nótase moitísimo no campo".

Finalmente, tivo palabras de agarimo para o deportivismo: "Nos 2 partidos que levo eu aquí a afección estivo connosco a matar e deunos ese plus que tamén fai falta aos xogadores".