RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe: "Disto sáese apoiándonos o un ao outro, confiando no de á beira e pelexando todos xuntos"

Ager Aketxe foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo esta mañá, antes de arrancar a semana de adestramentos do primeiro equipo.

O atacante deportivista asegura que o ambiente no vestiario é "bo. Podería ser moitísimo peor dentro de como estamos. Ao final todos nos apoiamos, todos somos conscientes da situación na que estamos. Sabemos que disto se sae apoiándonos o un ao outro, confiando no de á beira e pelexando todos xuntos".

Recalca que na situación do equipo os empates son insuficientes: "necesitamos os 3 puntos, sumar de 3 en 3 porque ao final os de abaixo tamén puntúan. Teremos que facer máis cousas".

Aketxe subliña que "nos metemos nunha dinámica na que ningún dos que estamos aquí estivo. Todos tiñamos unhas expectativas moi altas. Cando nos metemos nesta nube está a custarnos a todos darlle a volta. O que temos que facer é seguir traballando, seguir pelexando polo que estamos a facer, confiar no que nos di o míster e ao final as cousas teñen que chegar".

Admite que, a metade de temporada, "nunha situación crítica", o descenso "é unha posibilidade real". Iso si, por contra insiste: "Eu confío na plantillla, na calidade de todo o equipo. Estou seguro de que imos saír de aí abaixo".

Confesa que "cando tomei a decisión de vir aquí non me esperaba isto. Pero non me arrepinto. Volvo para atrás outros 6 meses e o faría de novo. O único que teño que facer é seguir confiando no equipo e seguir tirando para arriba".

Cualifica de "preocupante" o feito de que "nos fixeron tantos goles e que agora nos está custando xerar ocasións. Polo menos pechamos a sangría que tiña o equipo de que nos facían fácil gol, logo custábanos sobrepoñernos. A liña é un pouco esta. A partir de que deixes a portería a cero, tes máis posibilidades de gañar".

Do Real Zaragoza, rival este domingo 8 de decembro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), o futbolista branquiazul cre que ten "un plantillón. Agora están a facer as cousas moi ben. Ten un cadro moi amplo, coa idea de xogo do ano pasado. Xa lles coñecemos. Coas nosas armas, temos que contrarrestarlles a eles".