RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aketxe pide primeiro "encadear as vitorias para afastarnos dos postos de abaixo"

Ager Aketxe manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "o máis importante agora mesmo é encadear as vitorias o máis rápido posible para afastarnos dos postos de abaixo. E se logo podemos soñar, soñaremos".

O centrocampista vasco asegura que Fernando Vázquez "nos cambiou un pouco a mentalidade a todos, fíxonos volver crer en nós mesmos, que non eramos a versión que estabamos a mostrar. A partir de aí encaixou ben as pezas para que o equipo poida funcionar como o está facendo agora".

Cre que a baixa de Somma "é moi importante para o equipo. A nivel persoal dános moitísima pena. El desgraciadamente mellor que ninguén sabe o que é pasar por esta situación. Estamos seguros que volverá máis forte e mellor".

Recoñece que os futbolistas branquiazuis acabaron o encontro ante o Girona FC, o pasado venres en ABANCA-RIAZOR, "un pouco tocados porque ao final fixemos méritos dabondo para gañar o partido. Fixemos un partido de moito nivel contra un rival de moito nivel. En dúas accións nos últimos 10 minutos, sen moita transcendencia, fannos 2 goles e quédache ese mal sabor".

Do encontro do domingo 23 na Romareda (16:00 horas, #Vamos), apunta Aketxe que "o Zaragoza leva desde demostrando toda a temporada que está a un nivel moi alto. Están aí arriba por algo. Temos que respectar ao rival e a partir de aí estar como vimos nós estando. Seguro que a partir de aí podemos rascar a vitoria que necesitamos". "Este ano parece que acertaron nas fichaxes. Desde o primeiro momento colleron unha dinámica boa. A partir de aí lles ha ir saíndo as cousas. Ten xogadores de moita calidade. Encaixaron ben todas as pezas. Están moi ben", engade.

A nivel persoal, o centrocampista branquiazul destaca que "sinto útil para o equipo. Estou a contar coa confianza do míster. Persoalmente síntome ben. Oxalá poida seguir así".

Preguntado pola chegada de Emre Çolak ao Dépor no mercado de inverno, Aketxe opina que "é un xogador que á parte da calidade que ten, fai mellor aos de á beira. Fainos xogar, dános continuidade a todas as xogadas. A partir de aí todos sentimos máis cómodos".