RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino asegura que o Deportivo ABANCA "é o Club máis profesional no que estiven. O trato é excepcional"

Alba Merino, que acaba de renovar o seu contrato co Deportivo ABANCA, pasou hoxe pola sala de prensa virtual do RC Deportivo.

A centrocampista asegura que o conxunto branquiazul, con ampla experiencia no fútbol feminino nacional, "é o máis profesional no que estiven. O trato é excepcional. Contamos con todo tipo de servizos, mesmo como os do primeiro equipo (masculino), e iso está ao alcance de moi poucos clubs".

Opina que a temporada que está a realizar o Deportivo ABANCA "é un temporadón. É complicado repetila porque os números aí están. Pero nós sempre traballamos para gañar e a temporada que vén faremos o mesmo. Tentar conseguir as mesmas cifras e mesmo melloralas".

É máis, sostén que "a primeira volta foi inesquecible. unha primeira volta de ilusión, e máis para un equipo recentemente ascendido como nós. Ninguén esperaba tanto como demos. A segunda volta foi un pouco máis trabada a nivel persoal. Tamén chegou a lesión. Pero contenta coa temporada que fixemos todas".

Pasa estes días de confinamento na Coruña: "Teño a lesión na clavícula e tiña varias citas cos doutores para tratar a recuperación e ver como evolucionaba. Estou a levalo ben e establecendo unha rutina para que o día sexa o máis ameno posible, adestrando, facendo todo o que mandan desde o corpo técnico. Lévoo mal como todo o mundo pero ben dentro do que cabe".

En canto á competición, explica que "onte a Federación sacou un comunicado no que había a opción de que se terminase xa a liga. Non o esperaba. Estabamos pendentes de regresar xa á competición, de terminala. Sorprendeunos a todas as xogadoras ese comunicado".

Móstrase "agradecida" co Deportivo ABANCA pola súa renovación porque "desde o primeiro momento mostráronme todo o seu apoio, transmitíronme total tranquilidade. Dixéronme que contaban comigo para a temporada seguinte, así que todo foi moi fácil".