RCD / NOVAS

Alba Merino, intervida con éxito do seu xeonllo dereito

13/10/2021 22:47

Alba Merino foi intervida cirurxicamente hoxe mércores 13 de outubro no Hospital QuirónSalud A Coruña para resolver as molestias que viña arrastrando no menisco do seu xeonllo dereito. A cirurxía resultou tal e como estaba previsto inicialmente e realizouse de forma satisfactoria.

A capitá do Deportivo ABANCA permanecerá ingresada no citado centro hospitalario até mañá xoves 14 de outubro, data na que será dada de alta hospitalaria e comezará o seu proceso de recuperación.