RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino participará na charla "Mulleres e deporte: As nosas historias tamén contan" organizada por Club Hércules Termaria

O Club Hércules Termaria programou unha serie de actividades para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller". O acto encádrase como unha das accións transversais en Igualdade do proxecto Hércules Multiplica, na que colabora a Fundación EMALCSA.

A Charla-coloquio terá lugar o xoves 12 marzo ás 19:30 h. na Casa da Auga, coa presenza de mulleres deportistas populares e/ou profesionais que exporán as súas vivencias relacionadas co deporte. Mar Barcón, Cristina Fernández Cid ou Carmen América participarán tamén no debate moderado por Teresa Regueiro Dequit.