RCD / NOVAS

Alba Merino recibiu o alta hospitalaria

28/02/2020 10:05

Alba Merino recibiu onte xoves o alta hospitalaria após ser intervida cirurxicamente o pasado mércores 26 de febreiro polo Doutor Carrero no Hospital Quirónsalud A Coruña da fractura que sufriu na súa clavícula dereita no transcurso do encontro de Primera Iberdrola ante a Real Sociedad en Abegondo.

A centrocampista do Deportivo ABANCA, que xa descansa no seu domicilio, terá que estar inmobilizada as próximas 2 semanas. A continuación, iniciará tratamento de fisioterapia e rehabilitador a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo.