RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino renova co Dépor ABANCA por unha temporada

A centrocampista Alba Merino asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por unha temporada máis, até xuño de 2021.

Alba, que dentro dun mes cumprirá 31 anos, chegou ao conxunto branquiazul no verán de 2018.

A futbolista estremeña foi un dos alicerces do equipo que logrou o histórico ascenso á máxima categoría, xogando 21 partidos de liga (17 goles) e os 4 do playoff. Alba, que se fracturou a clavícula no partido ante a Real Sociedad en Abegondo hai algo menos de dous meses, xogou como titular 14 dos 21 partidos que o Deportivo ABANCA disputou até o momento na súa estrea na Primeira Iberdrola. Ademais, saíu desde o banco noutros 4 choques. Neses 18 encontros marcou 5 goles, 2 deles de penalti.