RCD / NOVAS

Alba, Teresa, Borja Valle e Dani visitaron Aspaber

01/10/2019 19:48

Os capitáns do Dépor Abanca e Dépor: Alba, Teresa, Borja Valle e Dani Giménez visitaron este mediodía as instalacións de Aspaber en Carballo.

Aspaber é unha asociación e empresa social cuxo obxectivo é crear postos de traballo para persoas con discapacidade intelectual realizando servizos para empresas como Carolina Herrera, Repsol, Inditex, Concello de Carballo ou Grupo Calvo entre outras. O Club colabora con eles a través do equipo do Deportivo para LaLiga Genuine, onde varios dos nosos xogadores proceden da asociación, así como na recollida de tapóns de plástico que en cada partido depositan os afeccionados nos colectores dispostos para ese efecto no estadio ABANCA-RIAZOR dentro da nosa política de reciclaxe.

Acompañados pola vicepresidenta da Fundación Oliva Figueira e da directora da área social, Gelines Romeu, visitaron as instalacións para coñecer máis de preto o seu traballo, ademáis do centro de día.