RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Albentosa asegura que "estamos no camiño bo"

  Raúl Albentosa foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo. Recoñece que do partido do Athletic do pasado domingo en Riazor "quedamos con mal sabor porque estivemos bastante ben en todas as facetas do partido e non nos leva

Nesta liña, o central deportivista apunta que "estamos no camiño bo. O outro día fixemos un partido bo, tivemos máis posesión que o  Athletic, tivemos máis pases que o Athletic, moitísimas máis recuperacións. E iso é difícil porque é un equipo que vai adiante, que vai de fronte, aperta arriba, vai a matar".
 
Sobre o que será o seu probable compañeiro no eixo da zaga branquiazul este luns en Vitoria, Alejandro Arribas lembrou que "xogara xa bastantes partidos con el en pretemporada. O outro día tamén. Levamos tres partidos e a competir. Un máis".
 
Preguntado por Ryan Babel, que hoxe completou o seu primeiro adestramento co Deportivo en Abegondo, subliñou que "ten boa pinta. Ten moita ilusión e con moitas ganas".
 
Achega do próximo rival na liga Santander este luns 19 de setembro ás 20.45 en Mendizorroza (Bein Sports), Albentosa opina que "ata agora fixo un bo papel. O partido do Atlético de Madrid, o partido do Barcelona, contra o Sporting en casa. Cando é un recentemente ascendido ao principio custa saber como xogan, os xogadores son todos moi novos e non estiveron en España. Entón se cadra ese 'hándicap' á hora de contrarrestar téñeno".
 
Recoñece que o seu triunfo no Camp Nou ante o poderoso Barcelona o pasado fin de semana "dáche un plus máis de vitamina no aspecto de que gañaron a un dos mellores equipos do mundo. Non creo que vaian saír relaxados, e máis na súa casa".