RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Albentosa e Mosquera cren que as ocasións máis claras foron do Dépor

Raúl Albentosa e Pedro Mosquera foron dous dos futbolistas do RC Deportivo que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de Mendizorroza.

O central valenciano manifestou que o punto "é bo. Fóra de casa puntuar é bastante bo".

A xuízo de Albentosa, "tivemos máis oportunidades de gol que eles", aínda que si cre que "houbo momentos do partido que nos volvemos uns pouco tolos e foi unha toma e daca".

Pola súa banda, Pedro Mosquera tamén subliñou que "as ocasións máis claras tivémolas nós. Si é certo que por fases eles domináronnos".

O mediocentro deportivista valora positivamente "puntuar fóra de casa, non perder" e o feito de volver "deixar a portaría a cero. Só levamos dous goles en contra en catro partidos".