RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Albert Lopo despídese do Real Club Deportivo visiblemente emocionado

Albert Lopo se despidió esta mañana do Real Club Deportivo cunha emotiva rolda de prensa no Mundo do Fútbol. A continuación reproducimos íntegramente a carta escrita polo futbolista, que recalará a partir do 1 de

Quixese empezar dando as grazas por ese fenomenais cinco anos da miña vida que pasei na Coruña e no Real Club Deportivo. Non só me sentín como en casa, senón que para min, esta cidade e este club son xa a miña propia casa.

Grazas ao Presidente e ao seu Consello de Administración, que apostaron moi forte pola miña fichaxe. Grazas a todos os adestradores, médicos, fisioterapeutas, utilleros, persoal do club, de Abegondo e de Riazor.

Moitas grazas aos meus compañeiros. Eles fixéronme gozar e madurar na miña profesión. Tivemos malos momentos, pero pasámolos unidos. Podo dicir ben alto que o vestiario do Deportivo é do mellor que vin na miña carreira profesional.

Grazas a vós, os medios de comunicación. Tivemos os nosos pequenos desencontros pero lévome un gran recordo de todos vós. Oxalá que volvades a próxima tempada a Primeira División co equipo. Merecédesvolo.

Por suposto grazas á afección, a esta grandísima afección branquiazul, sen dúbida o gran patrimonio do Deportivo. Foron un exemplo nos bos e nos malos momentos; pero sobre todo nos malos momentos. Sempre nos apoiaron, quixéronnos e iso, un futbolista non o esquecerá xamais.

Grazas á cidade da Coruña, en verdade unha cidade na que ninguén é forasteiro, como di a súa lema. Os coruñeses tratástesme cun agarimo extraordinario e fixéstesme sentirme como na miña casa.

Agora, o fútbol, a miña profesión, lévame a outra cidade, pero seguirei apoiando desde a distancia ao Deportivo para que a tempada próxima regrese a Primeira División, que é a categoría que se merece o club, a súa afección e a cidade.

Son un deportivista máis. Xa o sabedes. Forza Dépor!