RCD / NOVAS

Alberto Lopo continuará dúas tempadas máis no Deportivo

Alberto Lopo (5-5-1980, Barcelona) continuará no Deportivo as dúas próximas tempadas. Ambas as partes asinaron hoxe o novo contrato, cumprindo un desexo que o defensa catalán fixo xa público nos seus últimas roldas de prensa da tempada recién finalizada.

13/06/2014 18:22

Así pois, Fernando Vázquez contará, no regreso do Dépor á máxima categoría, coa experiencia dun futbolista que coñece ben a Primeira División, na que xogou máis de 350 partidos entre o Deportivo, Espanyol e Xetafe.

Tras desvincularse do Xetafe, Lopo regresou á Coruña no pasado mes de xaneiro. Foi titular indiscutible no centro da zaga case desde a súa chegada, a maior parte das ocasións con Pablo Insua á beira. Anotou dous goles na súa última etapa en Riazor, na liga Adiante.

Máis novas de: LOPO

RCD / Noticias Relacionadas