RCD / NOVAS

Alberto Quiles, xogador Estrella Galicia da temporada no Dépor

31/05/2022 19:03

O dianteiro onubense do RC Deportivo Alberto Quiles foi elixido pola afección do Dépor no desempate co seu compañeiro na vangarda do equipo Miku como Xogador Estrella Galicia da Temporada 2021-2022.

Ambos conseguiran dous trofeos mensuais ao longo da temporada e na votación final o gañador recibiu o 89,4 % dos 3026 votos emitidos.

Alberto Quiles Piosa chegou este verán ao RC Deportivo procedente do Recreativo de Huelva e pecha a temporada regular con 18 goles e 1 asistencia como máximo goleador da categoría. O dianteiro branquiazul xa ten no seu poder o trofeo como Xogador Estrella Galicia da Temporada 2021-2022, recibido na última sesión de adestramento do equipo en ABANCA-RIAZOR.

Máis novas de: QUILES