RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alberto Quiles, xogador Estrella Galicia de outubro no Dépor

Alberto Quiles foi recoñecido esta mañá como xogador Estrella Galicia do mes de outubro no RC Deportivo. Por primeira vez esta temporada recibe un trofeo que xa conseguiu nos meses de setembro e abril da pasada campaña, na que ademais acabou sendo distinguido como Xogador Estrella Galicia de toda a temporada.

Neste caso levou o galardón co 60,9% dos votos emitidos por diante de Rubén Díez (21,1%) e Diego Villares (18%). O xogador de Vilalba é, precisamente, o futbolista premiado o mes anterior e do que Alberto Quiles recolle a testemuña despois das súas actuacións e goles nos partidos ante San Fernando, Rayo Majadahonda, Linares, Castilla e Sanse.

"Todo o bo que lle pase a un xogador sempre reforza, os goles, xogar ben, que cho recoñezan cun premio sempre é bo, por iso estou moi contento e oxalá que non sexa o último" agradeceu o onubense na rolda de prensa posterior á entrega.