RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alberto Quiles, Xogador Estrella Galicia por segundo mes consecutivo no Dépor

O dianteiro onubense do RC Deportivo, Alberto Quiles, recibiu, por segundo mes consecutivo, o premio que o acredita como Xogador Estrella Galicia, neste caso do mes de novembro.

Se en outubro logrou o 60,9% dos votos, neste mes levou o 87% dos 2.187 emitidos, polo 7,5% de Mario Soriano e o 4,8% de Rubén Díez. Xa a pasada temporada logrou o dobrete en setembro e abril, ademais do definitivo do ano.

O propio Alberto Quiles recoñeceu perder a conta dos galardóns Estrella Galicia que recibiu ao lembrar que tamén levou o do partido do Trofeo Teresa Herrera 2021 e 2022. No caso de hoxe, recibiuno polas súas actuacións nos encontros ante Algeciras, Guijuelo, Cultural e Fuenlabrada, este último asinado cun hat-trick pola súa banda.

Quiles, cos dous últimos, e Diego Villares, co do primeiro mes, protagonizan, polo momento, o cadro de honra do premio ao Xogador Estrella Galicia no Dépor 2022-2023.