RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alejandra Serrano, nova xogadora do Dépor ABANCA 2021-2022

Alejandra Serrano Cortés (Valencia, 28 de agosto de 2000) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2021-2022.

Xogadora de segunda liña de ataque, tanto polo centro como por calquera dos dous extremos, procede do Valencia CF, no que militaba desde 2016.

Alejandra comezou xogando con 11 anos no UF Manises FC e un ano despois, en 2012, enrolouse no Levante UD, club no que deu o salto ao equipo B con unicamente 14 anos. Após catro campañas na entidade de Orriols fichou polo club de Mestalla para incorporarse tamén ao seu segundo equipo.

Das súas cinco campañas no Valencia CF, as catro últimas estivo na dinámica do primeiro equipo, co que xa tivo ficha o último curso, e co que acumulou 33 encontros e 2 goles na Primera Iberdrola.

Internacional española nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19, con esta última proclamouse campioa de Europa en 2018, nunha selección na que formaban as exdeportivistas Malena Mieres, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo.