RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTÍS

Alevín A, Benxamín A e Benxamín B destacan nesta fin de semana de torneos para #ANOSACANTEIRA

Novo fin de semana de torneos para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamines.

Sobresaíu a actuación do Alevín A e Benxamín A (campión e subcampión no Torneo do Coruxo); e do Benxamín B (campión da Barrinha International Cup).

O Infantil B cae en oitavos de final do Levante Cup

O Infantil B pechou este fin de semana unha longa temporada, marcada pola consecución do título ligueiro no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os deportivistas participaron na Levante Cup 2017, un torneo que se disputou en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Beira), desde o pasado venres 23 a hoxe domingo 25 de xuño.

O conxunto deportivista non puido (0-2) co Cartaxena en oitavos de final e finaliza aquí a temporada.

Os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
SELECCIÓN OCCIDENTAL ANDALUZA 1 - INFANTIL B 0
MOJÁCAR 0 - INFANTIL B 2 (Trigo e Roque)
AD LORQUÍ 0 - INFANTIL B 0

Domingo 25 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL B 0 - FC CARTAXENA 2

O Benxamín B, medalla de ouro da Barrinha International Cup

O Benxamín B pasou pola localidade portuguesa de Esmoriz, para participar na Barrinha International Cup 2017.

O conxunto deportivista chegaba en gran momento de forma, pois acababa de proclamarse campión do Torneo Vila das Pontes (hai 7 días) e subcampión do Trofeo Concello de Boiro (o día anterior, sábado).

E demostrouno tamén en Portugal. Foi medalla de ouro ao eliminar hoxe domingo ao Benfica en semifinais e gañar a final contra outro dos grandes do fútbol portugués, o Sporting de Lisboa.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 23 de xuño
CORTEGAÇA 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Yago, Íker e Raúl)
BENXAMÍN B 5 (Diego -2-, Raúl, Marco e Anxo) - FEIRENSE 2

Sábado 24 de xuño
FC PORTO DRAGÓN FORCE VITALIS 2 - BENXAMÍN B 4 (Anxo -2-, Diego e Isma)
BENFICA 5 - BENXAMÍN B 2 (Diego e Isma)

Cuartos de final
BENXAMÍN B 5 (Pablo, Xabi, Diego -2- e Yago) - BOAVISTA 0

Domingo 25 de xuño
Semifinal
BENXAMÍN B 3 (Nico -2- e Raúl) - BENFICA 3. Por penaltis: 3-2

Final

BENXAMÍN B 3 (Pablo, Anxo e Eder) - SPORTING DE LISBOA 1

Alevín A e Benxamín A alcanzan a cima no Torneo do Coruxo FC

Dous equipos (Alevín A e Benxamín A) representaron ao RC Deportivo no Torneo que organizou o Coruxo FC no campo de O Vao (Vigo) onte sábado 24 de xuño.

O Alevín A conquistou o torneo mentres que o Benxamín A foi un brillante subcampión.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Meki e un futbolista rival en propia meta) - OPORTO 1
CORUXO 0 - ALEVÍN A 5 (Domínguez -3-, Manu e Meki)
ALEVÍN A 4 (Marco Baña -2- e Javi) - PORRIÑO 0 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Marco Baña e Mella) - ATLÁNTIDA DE MATAMÁ 0

Final
ALEVÍN A 1 (Carlos) - LUGO 0

Pola súa banda, o Benxamín A cultivou estes resultados:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 0 - OPORTO 1
CORUXO 0 - BENXAMÍN A 3 (Álex -2- e Eli)
BENXAMÍN A 5 (Rubén -2-, David Sánchez, Pablo Fernández e Pablo Vázquez) - PORRIÑO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 (David Sánchez, Rubén, Marcos e Eli) - ALERTA NAVIA 0

Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Rubén e Marcos) - VALLADOLID 0

Final
BENXAMÍN A 2 (Eli e David Vergara) - CELTA A 5

O Alevín B queda apeado na Primeira Fase da CDLU CUP 2017

O Alevín B participou este fin de semana na CDLU CUP 2017, un torneo organizado polo CD Lugo no Estadio Anxo Carro.

O cadro deportivista tivo como rivais na Primeira Fase ao Sporting de Gijón, Victoria e Málaga CF. Quedou en terceira posición e, por tanto, non accedeu a cuartos de final.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 2 (Pablo e Adrián) - SPORTING DE GIJÓN 2
ALEVÍN B 2 (Héctor e Pablo) - VICTORIA 2
MÁLAGA 3 - ALEVÍN B 0