RCD / NOVAS

Alevín A e Benxamín A compiten no Torneo Internacional Tucho de la Torre en Marín

03/12/2018 10:20

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín A e Benxamín A, competirán o vindeiro sábado 8 de decembro no campo de San Pedro en Marín (Pontevedra) na IV edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de fútbol-8 organizado pola Escola de Fútbol Villa de Marín.

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase co EF Villa de Marín, FC Porto, Real Valladolid e Real Oviedo.

O seu calendario de partidos, todos no campo 1, é o seguinte:

Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - EF VILLA DE MARÍN
12:30: REAL VALLADOLID - ALEVÍN A
14:30: FC PORTO - ALEVÍN A
17:00: REAL OVIEDO - ALEVÍN A

O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.

Pola súa banda, o Benxamín A terá en primeira instancia estes rivais: EF Villa de Marín, equipo finalista da Fase Previa, FC Porto e Sporting de Gijón.

O calendario de partidos do conxunto deportivista, todos no campo 1, é o seguinte:

Sábado 8 de decembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - EF VILLA DE MARÍN
13:00: FC PORTO - BENXAMÍN A
15:30: FINALISTA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
17:30: SPORTING DE GIJÓN - BENXAMÍN A

O catro primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas. O domingo 9 disputaranse as semifinais e a gran final.