RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍNS

Alevín A e Celta ven as caras na AFE Mijas Cup de fútbol 7

  O Alevín A e o Celta, que xogarán nas próximas semanas a final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, ven antes as caras na AFE Mijas Cup, un torneo amigable de fútbol 7 que se disputa domingo 1 de maio e luns

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo D, co RC Celta, Recreativo de Huelva e Almería.

O calendario da Primeira Fase, que se xoga o domingo 1 de maio no campo 4, é o seguinte:
 
10.00: ALEVÍN A - CELTA
12.00: ALEVÍN A - ALMERÍA
17.00: ALEVÍN A - RECREATIVO DE HUELVA
 
Os dous primeiros clasificados acceden á Fase Final, mentres que os dous seguintes xogarán unha Fase de Consolación, en ambos os casos o luns 2 de maio.