Alevín A e Fabril FC Alevín xogan esta fin de semana a IX edición da Media Gol Cup en Cornellá
Os dous equipos alevíns do Deportivo participan esta fin de semana na IX edición da Media Gol Cup, na modalidade de fútbol 7. O torneo desenvólvese no Estadio Municipal de Cornellá.
O Alevín A ten como rivais na Primeira Fase ao FC Barcelona, Villarreal CF, Prodigy Fútbol, CE Manresa e EF Gavà A.
O seu calendario de partidos é o seguinte:
Venres 17 de decembro 15:00: FC BARCELONA - ALEVÍN A (campo 1) 18:30: ALEVÍN A - PRODIGY FÚTBOL (campo 2)
Sábado 18 de decembro 9:00: ALEVÍN A - CE MANRESA (campo 3) 12:30: VILLARREAL CF - ALEVÍN A (campo 1) 16:00: ALEVÍN A - EF GAVÀ (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 19:30 horas.
Pola súa banda, o Fabril FC Alevín ten como rivais na Primeira Fase á UE Rapitenca, EF Gavà B, FC Andorra e Sevilla FC.
O calendario de partidos é o seguinte:
Venres 17 de decembro 17:30: FABRIL FC ALEVÍN - UE RAPITENCA (campo 2) 21:00: FABRIL FC ALEVÍN - EF GAVÀ B (campo 2)
Sábado 18 de decembro 15:00: FABRIL FC ALEVÍN - FC ANDORRA (campo 1) 18:30: SEVILLA FC - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 20:30 horas.
Alevín A e Fabril FC Alevín arrancaron este pasado sábado a súa competición en Primeira A Coruña con vitoria ante o Orillamar SD (8-0) e con empate ante o Ural Español CF (1-1). Os seus partidos da 2ª xornada previstos esta fin de semana ante o Club Xesuitinas e Victoria CF respectivamente foron aprazados.