RCD / NOVAS

Alevín B e Benxamín A amarraron unha meritoria terceira praza na Miranda Cup de Portugal

30/06/2019 17:22

Os dous conxuntos de #ANOSACANTEIRA, Alevín B e Benxamín A, presentes na Miranda Cup 2019 nas localidades portuguesas de Miranda do Curvo e Lousã, lograron hoxe domingo a medalla de bronce.

O Alevín B venceu (5-3) ao Alboraya UD após un entretido choque e conquistou unha meritoria terceira praza.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 27 de xuño
AMORA FC 0 - ALEVÍN B 10 (Pablo -2-, Diego -3-, Janusz -2-, Balbas -2- e Xabi)

Venres 28 de xuño
ALEVÍN B 2 (Diego e Pablo) - VILLARREAL CF 0
ALEVÍN B 6 (Balbas -2-, David, Diego, Janusz e Yago) - GD ALCOCHETENSE 1

Sábado 29 de xuño
Fase Ouro
Cuartos de final
ALEVÍN B 4 (Diego -3- e Raúl) - PERSONAL EUROPE 0

Semifinal
ALEVÍN B 0 - SL BENFICA 3

Domingo 30 de xuño
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN B 5 (Balbas, Pablo, Diego, David e Xabi) - ALBORAYA UD 3

Así mesmo, o Benxamín A gañou (3-0) ao CADE e amarrou a medalla de bronce.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 27 de xuño
CAMPINENSE CLUBE 0 - BENXAMÍN A 4 (Yago Trigo -3- e Nico)

Venres 28 de xuño
MEM MARTINS SC 0 - BENXAMÍN A 12 (Uxío -4-, Xoel -3-, Iago Vázquez -2-, Yago Trigo, Christian e Joaquín)
CA GÂNDARAS 0 - BENXAMÍN A 13 (Iago Vázquez -3-, Gael -2-, Yago Trigo -2-, Joaquín -2-, Uxío, Xoel, Christian e Mauro)

Sábado 29 de xuño
Fase Ouro
Cuartos de final
BENXAMÍN A 6 (Christian -2-, Gael -2-, Yago Trigo e Mauro) - AG SACAVENENSE 0

Semifinal
BENXAMÍN A 2 (Nico e Yago Trigo) - SPORTING CLUB DE PORTUGAL 5

Domingo 30 de xuño
Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 3 (Yago Trigo -2- e Joaquín) - CADE 0