RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños, Celso, Miku, Granero, Lapeña e Quiles clausuran mañá venres o DéporCampus Cabreiroá 2021

A sexta quenda de Abegondo, que comezou o pasado luns 2 de agosto con 91 nenos e nenas, pon hoxe venres 5 de agosto o punto e final ao DeporCampus Cabreiroá 2021, unha actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 alcanzou os 1.260 alumnos.

Os xogadores do Deportivo Álex Bergantiños, Celso Borges, Miku, Borja Granero, Adrián Lapeña e Alberto Quiles clausurarán mañá venres ás 12:00 esta edición do DéporCampus Cabreiroá 2021 coa entrega de diplomas a esta última quenda. Será un acto sinxelo, baixo as normas establecidas polo protocolo COVID-19, que terá lugar no campo de herba sintética da Cidade Deportiva.

Os xogadores branquiazuis repartirán a cada neno ou nena o seu diploma acreditativo da súa participación nesta actividade e faranse unha foto para o recordo con todos eles; ademais de asinar autógrafos nos propios diplomas, camisetas, botas de fútbol...

O DéporCampus Cabreiorá 2021, todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo, repartiu deportivismo por toda Galicia, en sedes como Abegondo, Cuntis, Zas, Silleda, Monforte, Bertamiráns, Caranza, Boiro, Ourense, Terras de Maside, Cee, Arteixo e Viveiro; ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos).

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.