RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños e Celso Borges piden centrarse xa no esprint final de liga

Álex Bergantiños e Celso Borges atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de Riazor.

O capitán branquiazul cre que en #ONOSODERBI "ningún dos equipos estivo preciso con balón". Así, referíndose ao Dépor, en opinión do centrocampista branquiazul, "hoxe cando roubamos non tivemos a precisión de saír como hai unha semana contra o Barcelona".

O que decantou o encontro, segundo o mediocentro coruñés, foi o acerto cara ao gol: "Eles acertaron a súa. Nós tivemos algunha moi clara, sobre todo esa de Celso que puido cambiar o rumbo do partido".

Toca agora neste parón ligueiro "analizar o que non fixemos ben". "Sabemos que quedan dez xornadas, o esprint final, e non nos podemos relaxar", engade Álex.

Pola súa banda, Celso Borges, que mañá luns se incorpora á concentración da selección de Costa Rica, apunta que "é difícil asimilar este resultado. Que nos doia quere dicir que estamos no camiño correcto".

Destaca que esta derrota "ten que servir para que podamos mellorar para próximas datas". "Hai que seguir para adiante, que isto non acaba", conclúe.