RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños e Christian Santos, o martes ás 19:00 na Macron Store Coruña

Os afeccionados do Real Club Deportivo teñen unha cita co capitán do Deportivo Álex Bergantiños e o dianteiro internacional venezolano Christian Santos na Macron Store da Coruña, situada na Rúa Gutemberg, 23 no polígono da Grela.

Os xogadores branquiazuis estarán con todos os afeccionados que o desexen este martes 18 de decembro, a partir das 19:00 h. para asinar autógrafos e facerse fotografías nun acto organizado por Macron, Macron Store Coruña e o Real Club Deportivo.