RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños fixo as delicias dos nenos e nenas do DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

Os 116 nenos e nenas que gozaron na Cidade Deportiva de Abegondo da cuarta semana dos DéporCampus Cabreiroá 2018 tiveron hoxe venres o seu fin de festa.

Por este motivo, do mesmo xeito que ocorreu nas tres quendas anteriores, houbo actividades deportivas e de competición con inchables no campo de herba sintética.

Ademais, os participantes recibiron unha visita especial, a de Álex Bergantiños, no seu regreso ao Club dos seus amores tralo seu paso polo Sporting de Gijón a temporada pasada.

O mediocentro coruñés repartiu sorrisos e simpatía entre monitores e participantes do DéporCampus.

Coa presenza de numerosos familiares na bancada, Álex Bergantiños entregou a cada neno ou nena o seu diploma, fotografouse con todos os grupos e recibiu como resposta o agarimo de maiores e pequenos, que corearon o seu nome en repetidas ocasións.

Como se puido comprobar esta mañá na Cidade Deportiva, o centrocampista branquiazul é toda unha referencia para o deportivismo de todas as idades.

A próxima semana, un total de 119 nenos e nenas participará no DéporCampus en Abegondo, ademais de nas sedes de Monforte e Revilla de Camargo (Cantabria).

Nesta ligazón podes cubrir o formulario para participar na sexta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2018 en Abegondo, que dará comezo o luns 30. O peche do prazo de inscrición producirase ao mediodía do xoves previo, día 26.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 15 localizacións. Este verán estreáronse 6 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro, Revilla de Camargo (Cantabria) e Plasencia (Cáceres), que se sumaron ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).