RCD / NOVAS

Álex Bergantiños, Joselu e Albentosa foron protagonistas no Hipercor de Marineda City

18/04/2017 22:11

O capitán Álex Bergantiños, o dianteiro Joselu e o central Albentosa foron os protagonistas esta tarde no centro Hipercor de Marineda City.

Os xogadores branquiazuis atenderon a centenares de afeccionados de todas as idades, que fixeron longas colas para sacarse unha foto e recoller o seu póster oficial asinado, do mesmo xeito que as postais oficiais desta temporada.

Sempre cun sorriso, os futbolistas tiveron tempo para charlar con pequenos e maiores, co partido do Real Madrid en Riazor xa moi preto.

Mañá mércores, outros tres xogadores (Pedro Mosquera, Alejandro Arribas e Fernando Navarro), atenderán aos afeccionados a partir das 19:00 horas no Eroski Center da rúa Pérez Cepeda da Coruña.

Máis novas de: ÁLEX, JOSELU, ALBENTOSA

RCD / Noticias Relacionadas