RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños pide está temporada humildade, paciencia e "máximo respecto á categoría"

Álex Bergantiños atendeu esta mañá aos medios de comunicación con motivo da inauguración da nova DéporTienda na rúa Real da Coruña.

O centrocampista coruñés pide ter "máximo respecto á categoría todos, desde a afección, o Club, os xogadores... Saber o que supón a Segunda División".

Recomenda así mesmo "paciencia porque dá tempo a todo. A verse como equipo de ascenso directo como na primeira volta pasada; ou fóra do playoff logo; ou a xogalo e caer no último partido".

Á vista do vivido a temporada pasada, solicita "manter a humildade e traballar desde o inicio por estar o máis arriba posible nunha competición tan igualada".

Na súa opinión, o vestiario está recuperado: "O fútbol é presente. Os que estivemos a temporada pasada tivemos menos tempo para desconectar e descansar. Pero hai enerxías novas, corpo técnico novo, xogadores novos, obxectivos diferentes. Este ano é o obxectivo do ano pasado e toca facer un grupo novo que estea convencido e crea no que traballa".