RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex Bergantiños pide "traballar duro para darlle a volta" e Mollejo, "ser máis constante durante todo o partido"

Álex Bergantiños e Víctor Mollejo pasaron pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista apunta que o vestiario "loxicamente agora mesmo está roto por unha derrota máis. Fixemos un partido en grao sumo completo desde que chegou Luis César. Cando estás así débil, á mínima os rivais acertan en todo. Meten a primeira falta que teñen que toca na barreira. Acerta cun penalti e cunha contra final".

Opina que o Deportivo "tivo boa actitude. Concedemos moi pouco para o que levamos vendo toda a temporada de conceder ocasións. Tes que dar tempo a asimilar o que pasou, analizalo coa cabeza máis fría durante a semana e ver en que podemos incidir para mellorar e para seguir. Non vale de nada o que pasou até agora no que vai de temporada e o único que nos pode sacar de aí é mirar cara a adiante e traballar duro para darlle a volta".

Álex Bergantiños sostén que "á mínima, partidos que defendes máis ou menos ben, os rivais acértanche con goles imparables ou difíciles de contrarrestar. Nas últimas 3 xornadas, recibiriamos 4 tiros e foron todos gol. O equipo está a dar pequenos pasiños pero non é suficiente. Veste con ese lastre de tanto tempo sen gañar, cando o partido se pon en contra, é máis complicado ter paciencia, ter tranquilidade e sacar calidade ante un rival que veu a acertar na nosa fraxilidade mental".

Pola súa banda, Víctor Mollejo cre que "na primeira parte estivemos ben. Encaixamos un gol de falta. Non temos moito que facer salvo quizais non facer faltas preto da área. Xogamos ben, creando perigo, chegando á área. A segunda parte non foi tan boa".

O goleador branquiazul, que xa suma 3, ten a sensación de que "nada está a favor noso", indica que "a culpa é de todos e non queda outra que espabilar, seguir e mellorar".

Mollejo pide ser un equipo "moito máis sólido, máis constante durante todo o partido. Se non facemos iso, vainos a custar máis".