RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Alex Bergantiños: Temos que estar tranquilos ao principio, que non nos poida a ansiedade

Alex Bergantiñvos sonrió ao ser preguntado na sala de prensa acerca das súas impresións sobre o seu posible debut en partido oficial co Deportivo, este sábado ás 18.00 horas ante o Recreativo de Huelva se se desconvoca a folga de futb

Bo coñecedor da Segunda, Alex pide tranquilidade sobre todo ao principio do partido ante o Recre: "que non nos poida a ansiedade de querer resolver enseguida".

Tamén eloxiou a Borja, do que dixo que é un futbolista "dunha calidade contrastada" e lembrou que "a Segunda é unha Liga longa e complicada, na que seguro que todos teremos que achegar".

Oltra rebaixou hoxe xoves a intensidade do adestramento, posto que o equipo preparou a semana coma se partise o sábado. Houbo fut-voley, lanzamentos de penaltis... Só están á marxe Borja e Bruno Gama.

Mañá venres, nova sesión de adestramento, ás 10.30 no Mundo do Fútbol.