RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex destaca a solidez do equipo e Lapeña opina, en alusión a #ANOSAFORZA, que "en ABANCA-RIAZOR xogamos con trece"

O capitán Álex Bergantiños e Adrián Lapeña pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro coruñés apunta que "dominamos como adoita ser máis ou menos habitual aquí en ABANCA-RIAZOR, ante un rival diferente ao de fai quince días. Eles xogan máis directos que a SD Logroñés. Tivémolo máis ou menos controlado e faltounos meter o segundo para acabar de pechar o partido. Estivemos sólidos, que non sufrimos en exceso ante os seus envíos directos, que niso si que eran poderosos. Contentos por non volver encaixar, por gañar en casa e reforza o bo traballo que estaba a facer o equipo. A pesar dos últimos resultados o nivel de rendemento estaba a ser positivo. A seguir, que se escapen poucos puntos aquí de ABANCA-RIAZOR".

Respecto da temporada pasada, lembra que "o formato era diferente, o cadro era moi diferente. Tívonos que servir o ano pasado para aprender. Os obxectivos en calquera categoría levan o seu proceso e os traumatismos sempre son negativos. Este ano estase tomando con moita calma desde dentro sobre todo. #ANOSAFORZA tamén está a entender que isto é un proceso, que se estamos metidos arriba a longo prazo temos moitas posibilidades de conseguilo ao final; pero hai que maduralo e todo proceso ten derrotas, malos momentos e non podemos volvernos tolos. O equipo transmite, a xente que veu está totalmente implicada, xente con moita ambición de crecer no Deportivo, cunha oportunidade moi bonita para todos os que viñeron; e tamén afeitos ao que é a categoría: a gañar, a perder, a como se gaña, como se perde. Estou convencido que nunha liga normal como é esta, imos ter moitísimas máis opcións de poder conseguir o obxectivo que o ano pasado, que era todo moito máis tremendista. Con normalidade, con ABANCA-RIAZOR como temos, todo son vantaxes e oxalá sigamos rendendo para poder conseguilo ao final".

Pola súa banda, Adrián Lapeña márchase con sensacións "moi boas. Cortamos unha xeira de tres partidos sen gañar. O equipo viña facendo moi ben as cousas, facendo moitas cousas ben para obter mellores resultados, pero non se nos deron. Hoxe o Dépor fixo un gran partido, volvemos ter bastantes ocasións para facer máis goles, pero é o difícil do fútbol. Conseguimos meter un e que non nos metan; por tanto tres puntos".

Respecto de #ANOSAFORZA, opina que "aquí en ABANCA-RIAZOR xogamos con trece. Nótase moitísimo os ánimos que nos dan e durante todo o partido véselles animando, vénselles as caras, a emoción e iso chéganos. O único que podemos facer é devolverlles o respecto que nos están brindando. Estamos a dar boas sensacións e vanse contentos a casa".

O defensor branquiazul non tivo en ningún momento a sensación de que esta tarde se podían escapar os puntos: "Aprendemos dos erros do último partido e puxémolos en práctica para co mesmo resultado non sufrir tanto. Soubemos defendernos coa pelota, sacar aos seus dianteiros fóra da área e iso é un paso moi importante para obter os tres puntos".