RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Álex e Bóveda destacan a solidez e o traballo do grupo

Álex Bergantiños e Eneko Bóveda atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de La Rosaleda.

O capitán branquiazul sostén que o Dépor "fixo un partido sólido, sufrindo por momentos ante un gran equipo".

Para a final polo ascenso a LaLiga Santander, subliña Álex Bergantiños que tanto Mallorca ou Albacete "será un rival duro".

Pola súa banda, Eneko Bóveda destaca "o traballo que fixo o equipo no colectivo, nas axudas, tapando ocos".

O lateral deportivista advirte que "agora nos cremos que temos un súper muro pero o xoves volvemos ter un partido complicadísimo".

De feito lembra que o Dépor entrou de sexto ao playoff e, por conseguinte, vaise a medir "a un rival que o fixo mellor que nós durante bastante tempo".