RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Alex: Pódese xogar ben ao fútbol en Segunda

Alex Bergantiñévos, quizá, un dos futbolistas do persoal con más partidos na Segunda División españonda. Campeón co Xerez e a tempada pasada primeiro no Granada (ata decembro) e logo no Nastic, seguro que con Jes&

Deixou claro na súa comparecencia de hoxe sábado ante os medios de comunicación que en Segunda "se pode xogar ben ao fútbol. En Xerez fomos campións xogando ben ao fútbol e o Raio e o Betis, que ascenderon, tamén xogaban moi ben".

Aínda consciente de que o fútbol moitas veces trae circunstancias imprevistas, Alex cre que este ano "teño máis opcións de quedarme e poder debutar", sobre todo a raiz das palabras do propio presidente Lendoiro durante este verán confirmando a súa presenza no persoal.

Tamén compareceu ante os medios Diego Seoane, o lateral galego que tamén sabe o que é xogar en Primeira e Segunda B (co filial), pero non en Segunda División. Confesa que os adestramentos son "alegres" e que Oltra insiste "en que teñamos o balón".

Esta mañá, o equipo adestrouse no Mundo do Fútbol nunha sesión que se prolongou por espazo de dúas horas. Mañá domingo, novo adestramento ás 10.00 na cidade deportiva branquiazul.