RCD / NOVAS

Alta hospitalaria para David Simón, que regresa á Coruña

13/11/2019 14:00

O xogador do Real Club Deportivo David Simón recibiu hoxe mércores 13 de novembro o alta hospitalaria no CUF Porto Hospital, centro médico no que onte á noite foi intervido cirurxicamente dun cadro pubálxico que o mantén á marxe dos adestramentos de grupo.

A intervención, finalizada con éxito, foi realizada polo Dr. Carlos Magalhães, que estivo acompañado polo doutor Ramón Barral e o fisioterapeuta do Club Daniel Varela.

David Simón regresa á Coruña, para iniciar o seu proceso de recuperación.

Máis novas de: DAVID SIMÓN