RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alta intensidade en Abegondo, con fútbol en espazo reducido

Alta intensidade no adestramento do Deportivo esta mañá en Abegondo. Gaizka Garitano dividiu aos seus xogadores en tres equipos e dispuxo partidos en espazo reducido.

A sesión arrincou cun traballo de forza. Os fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve adestráronse co primeiro equipo.

Carles Gil quedou hoxe no ximnasio da cidade deportiva, cun adestramento específico, do mesmo xeito que Laure. Bruno Gama completou un día máis todo o traballo con normalidade.

Mañá xoves, o equipo está citado en Riazor ás 10.30, para unha sesión táctica a porta pechada.