RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alta intensidade en Abegondo para o primeiro equipo

Cristóbal Parralo deseñou para hoxe para o primeiro equipo un adestramento de alta intensidade nos campos 2 e 3 da Cidade Deportiva de Abegondo.

O equipo, por grupos, realizou un exercicio de posesión e fútbol en espazo reducido, combinado con tarefas analíticas de forza.

Un traballo táctico ataque contra defensa con tres porterías, e un partido a tres cuartas partes de campo puxeron o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Unicamente adestrouse á marxe Adrián López. Retiráronse antes de finalizar Juanfran, cunha molestia na coxa esquerda pendente de probas médicas; e Fede Cartabia, con molestias nos aductores, pendente de avaliación médica.

Adestráronse esta mañá ás ordes de Cristóbal os fabrilistas Martín Bengoa, Álex Cobo e Edu Expósito, ademais do xuvenil Iago Gandoy.

Mañá mércores, o primeiro cadro está citado ás 10:30 horas en Abegondo.