RCD / NOVAS

Alta médica para David Simón

17/05/2019 13:15

David Simón recibiu a alta médica. Por conseguinte, e a 2 días do choque no Anxo Carro ante o CD Lugo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), o lateral canario tamén está a disposición de José Luis Martí.

Os Servizos Médicos do Club agardarán ás próximas sesións para comprobar o estado físico de Álex Bergantiños, que hoxe completou o adestramento en ABANCA-RIAZOR con normalidade.

Así pois, só Krohn-Dehli traballa á marxe do grupo.

Podes comprobar aquí o estado físico do cadro deportivista: