RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alumnos do Alborada e do Torrente Ballester gozaron de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' en ABANCA-RIAZOR

Sesenta alumnos de 6º de Primaria dos CEIP Alborada e Gonzalo Torrente Ballester gozaron esta mañá dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que nesta ocasión tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Os estudantes compartiron parte da mañá con Silvia Mérida e Eneko Bóveda, futbolistas do Dépor ABANCA e o primeiro equipo.

Antes do encontro cos xogadores os alumnos puideron gozar dunha visita guiada polas dependencias do Estadio ABANCA-RIAZOR e, posteriormente, na Sala de Prensa recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconsejero Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización do RC Deportivo. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas por ambos os futbolistas e coa foto de familia ao bordo do terreo de xogo.

A experiencia branquiazul dos alumnos dos colexios de Elviña e Sigrás (Cambre), respectivamente, concluirá en ABANCA-RIAZOR no próximo partido ligueiro do Dépor, fronte ao Sevilla, o vindeiro martes 17 de abril.