RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Alumnos do CEIP Raquel Camacho viviron o deportivismo desde dentro grazas a 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

- Galería fotos Os Nosos Valores-Escolas 110 % Blanquiazuis -

Medio centenar de estudantes de 6º de Primaria do CEIP Raquel Camacho gozaron na mañá de hoxe dunha xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', no incomparable escenario do Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces gozaron do privilexio de compartir boa parte da mañá con Maya Yamamoto e Silvia Mérida, futbolistas do Deportivo ABANCA, e Víctor, capitán do Dépor de LaLiga Genuine.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición de Maya, Silvia e Víctor, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos e asináronlles postais dedicadas e mesmo as camisetas branquiazuis aos alumnos que acudiron ataviados con elas. A xornada finalizou coa habitual foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces concluirá no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao Nàstic de Tarragona, o sábado 16 de febreiro ás 16:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles.