RCD / NOVAS

Amigable benéfico do Deportivo Feminino mañá sábado en Villestro (Santiago)

16/12/2016 23:31

O Deportivo Feminino B disputa mañá sábado 17 de decembro un partido amigable de carácter benéfico, aproveitando o parón do Nadal na competición de Primeira División Autonómica.

O seu rival será o Villestro Feminino, a partir das 16.00 horas no campo da Barrosa (Villestro).

O prezo da entrada será 1 kg. de alimentos, que irán destinados ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.

Cinco deportivistas, na Selección Galega Sub-18

Por outra banda, cinco xogadoras do Deportivo Feminino A participan este fin de semana en Castelldefells (Barcelona) no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18: Malena, Nuria, Tere Abelleira, Lea e María Curral.

O calendario de Galicia na Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 17 de decembro
12.00: GALICIA - BALEARES

Domingo 18 de decembro
12.00: CATALUNYA - GALICIA