RCD / NOVAS

Amigable de Mollejo con España sub-19 mañá mércores ás 12:00 ante Alemaña

14/01/2020 17:57

O deportivista Víctor Mollejo está concentrado desde onte luns coa selección española sub-19 para xogar un amigable ante Italia mañá mércores 15 de xaneiro ás 12:00 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Este encontro servirá ao seleccionador nacional para preparar a Rolda Elite do próximo mes de marzo, clasificatoria para o Campionato de Europa de xullo, e na que España terá como rivais a Macedonia do Norte, Bulgaria e Bélxica.

A convocatoria de Mollejo non afecta os plans de Fernando Vázquez, posto que o atacante branquiazul está sancionado en liga por acumulación de amoestacións, ao recibir o quinto cartón amarelo en Soria o pasado 5 de xaneiro, e non poderá xogar fronte ao Real Racing Club en ABANCA-RIAZOR este xoves 16 de xaneiro (19:00 horas, Movistar LaLiga) na seguinte cita en LaLiga SmartBank.

Máis novas de: MOLLEJO