RCD / NOVAS

Amigable de pompa do Xuvenil B, o xoves en Abegondo ante o FC Porto

19/03/2019 16:45

O Xuvenil B disputará este xoves 21 de marzo un partido amigable de pompa. 

O conxunto deportivista recibirá ás 17:00 no campo principal de Abegondo, con entrada gratuíta para os afeccionados, ao FC Porto.

Actualmente o Xuvenil B marcha 4º da liga Nacional con 49 puntos, os mesmos que o Victoria CF, 3º na táboa.

O vindeiro sábado 23 de marzo ás 16:00 no campo A Grela 1 da Coruña, os pupilos de Josito visitan ao CD Calasanz, en partido correspondente á 27ª xornada.