RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigable do Benxamín B, mañá martes ante a SD San Tirso A

O Benxamín B, un dos equipos de #ANOSACANTEIRA que está aínda en pretemporada, ten mañá martes 1 de outubro un novo test antes de arrancar a competición oficial. Será en Abegondo (campo de herba sintética) ante a SD San Tirso A, a partir das 19:00 horas.

O conxunto que dirixe Roberto Veres disputou esta pasada fin de semana a Marosa Cup en Burela, torneo no que logrou unha meritoria medalla de prata.