RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigable do Xuvenil B este sábado na inauguración do campo de San Pedro de Visma

O Xuvenil B medirase a unha selección da AFAC este sábado 16 de xuño, con motivo da inauguración do campo de San Pedro de Visma na Coruña. O encontro arrancará ás 12:30 horas.

Esixente test para o Benxamín B con motivo do Torneo do Abanqueiro SD en Boiro

O Benxamín B terá este sábado 16 de xuño un esixente test no campo de Vista Alegre (Boiro), con motivo da 12ª edición do Torneo do Abanqueiro SD, Trofeo Concello de Boiro.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B, co Arosa SC, CD Conxo e o Atlético Oleiros.

O calendario do Benxamín B é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN B - AROSA SC (campo 1B)
12:20: BENXAMÍN B - ATLÉTICO OLEIROS (campo 1A)
15:15: BENXAMÍN B - CD CONXO (campo 2B)

Os dous primeiros de cada grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.

Infantil B, Alevín B e Benxamín A, na Vianense Cup en Viana do Castelo (Portugal)

Tres equipos (Infantil B, Alevín B e Benxamín A) representarán ao RC Deportivo na 26ª edición da Vianense Cup, competición organizada polo Sport Clube Vianense no Estadio Dr. José de Matos (Viana do Castelo, Portugal).

En categoría infantil, o Infantil B quedou encadrado no grupo A, co SC Vianense, Académica de Coimbra e CD Moaña.

O calendario do Infantil B é o seguinte (o horario é local, unha hora máis en España):

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
11:10: ACADÉMICA DE COIMBRA - INFANTIL B (campo 1)
15:35: SC VIANENSE - INFANTIL B (campo 1)
16:45: INFANTIL B - CD MOAÑA (campo 1)

Os 2 primeiros de grupo pasan a semifinais, que serán o domingo 17 ás 11:20 horas; mentres que os outros 2 xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 10:00 horas.

En categoría alevín, o Alevín B terá como primeiros rivais ao CD Aves, SC Vianense e CF Os Belenenses, con este calendario (o horario é local, unha hora máis en España):

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
10:00: ALEVÍN B - CD AVES (campo 3)
15:35: ALEVÍN B - SC VIANENSE (campo 3)
17:55: CF OS BELENENSES - ALEVÍN B (campo 3)

Os 2 primeiros de grupo pasan a semifinais, que serán o domingo 17 ás 11:20 horas; mentres que os outros 2 xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 10:00 horas.

Finalmente, o Benxamín A arrincará a competición ante o SC Vianense, CD Nacional e FC Porto.

O calendario do conxunto deportivista é o seguinte (o horario é local, unha hora máis en España):

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
11:10: BENXAMÍN A - SC VIANENSE (campo 4)
12:20: CD NACIONAL - BENXAMÍN A (campo 4)
17:55: BENXAMÍN A - FC PORTO (campo 4)

Os 2 primeiros de grupo pasan a semifinais, que serán o domingo 17 ás 11:20 horas; mentres que os outros 2 xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 10:00 horas.

O Alevín A afronta desde este venres 15 a Arousa Fútbol 7

O Alevín A do Dépor encara outro duro torneo a próxima fin de semana, a 23ª edición da Arousa Fútbol 7 no campo da Lomba (Vilagarcía de Arousa).

O cadro deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, co Valencia CF, Manchester City, Kashiwa Reysol (Xapón) e Pabellón Ourense.

O calendario inicial do Alevín A é o seguinte:

Venres 15 de xuño
12:00: PABELLÓN OURENSE - ALEVÍN A
16:55: ALEVÍN A - MANCHESTER CITY

Sábado 16 de xuño
11:20: ALEVÍN A - VALENCIA
20:30: ALEVÍN A - KASHIWA REYSOL

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que serán o domingo a partir das 10:00 horas.

O resto de equipos de cada grupo accederán a unha Fase de Consolación, tamén o domingo, para ditaminar as posicións finais do torneo.