RCD / NOVAS

Amigable esta semana en Abegondo para o Cadete B

07/02/2017 12:56

O Cadete B ten partido amigable esta semana. O conxunto deportivista que prepara Manuel Felípez mídese mañá mércores 8 de febreiro á Selección Coruñesa Sub-15, ás 19:00 no campo 5 da cidade deportiva.

O Cadete B marcha segundo clasificado na Liga Galega (grupo 1º). O pasado sábado, impúxose (4-1) ao Victoria B en Abegondo.