RCD / NOVAS

Amigable estrela do verán para o Deportivo ABANCA, este sábado ante o Athletic Club

31/07/2017 17:21

O Deportivo ABANCA preparará con cinco sesións de adestramento o seu partido estrela desta pretemporada, a 5ª edición do Trofeo Teresa Herrera o sábado 5 de agosto (18:00 horas) no Estadio ABANCA-RIAZOR, ante o Athletic Club, equipo da Liga Iberdrola.

Á espera dunha data definitiva atópase a eliminatoria de oitavos de final da Copa Deputación, co Deportivo Orzán como rival. A data que a Federación Galega sinala para esta rolda copeira, a partido único, é a do domingo 6 de agosto; aínda que pode ser modificada se hai acordo entre os clubs contendentes.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación, é a seguinte:

Luns 31 de xullo
19:00: Adestramento en Abegondo

Martes 1 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 2 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 3 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Venres 4 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 5 de agosto
18:00: Deportivo ABANCA - Athletic Club, no Estadio ABANCA-RIAZOR

Nuria Rábano incorpórase á Selección Española Sub-19

A futbolista do Deportivo ABANCA Nuria Rábano atópase concentrada desde hoxe luns coa Selección Española Sub-19 para disputar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría, en Irlanda do Norte do 6 ao 21 de agosto.

O equipo nacional viaxará a Belfast desde Madrid o vindeiro 6 de agosto ás 12:20 horas, para aterrar na capital norirlandesa ás 18:20 (hora española).

España quedou encadrada no grupo A, con Irlanda do Norte, Alemaña e Escocia. O calendario da Primeira Fase do conxunto español é o seguinte:

Martes 8 de agosto
19:00: IRLANDA DO NORTE - ESPAÑA, no National Football Stadium de Belfast

Venres 11 de agosto
15:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Shamrock Park de Portadown

Luns 14 de agosto
19:00: ESPAÑA - ESCOCIA, no Mourneview Park de Lurgan

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais, que se xogarán o xoves 17 de agosto.