RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amigable mañá mércores en Abegondo do Xuvenil B ante a Selección Galega sub-16

O Xuvenil B disputará mañá mércores 15 de decembro na Cidade Deportiva un partido amigable ante a Selección Galega sub-16. O encontro arrancará ás 17:30 no campo 4.

Os branquiazuis concluirán este ano 2021 na Liga Nacional este sábado 18 de decembro coa visita ao Colegio Hogar San Roque a partir das 16:00 no campo vigués da Pirucha, en partido correspondente á 14ª xornada.

O Xuvenil B marcha segundo na clasificación con 29 puntos, a 5 puntos do líder, o RC Celta B.