RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Amplo programa de actos, mañá sábado, con motivo do decano dos torneos estivais, o Teresa Herrera

Mañá sábado 5 de agosto, día da disputa do LXXII Trofeo Teresa Herrera en plenas festas da Coruña, está programada unha intensa axenda de actos protocolarios e deportivos en torno ao decano dos torneos estivais.

A xornada arranca no Palacio Municipal de María Pita ás 13:45 horas, coa recepción municipal a cargo do alcalde, Xulio Ferreiro, aos equipos participantes.

Ás 14:45, terá lugar o xantar oficial a clubs participantes, autoridades e medios de comunicación, no hotel Attica 21.

Pola tarde, xa no Estadio ABANCA-RIAZOR, o fútbol arranca coa disputa das finais do XXII Trofeo Mini Teresa Herrera, a partir das 16:30 horas:

- Final Benjamín (metade do campo da bancada de Pavillón): Victoria CF - CD Calasanz
- Final Prebenjamín (metade do campo da bancada de Marathón): CD Calasanz - Victoria CF

Ás 18:00, Deportivo ABANCA e Athletic Club loitarán por conquistar o V edición do Trofeo Teresa Herrera feminino.

Finalmente, a partir das 20:30 horas, serán o Deportivo, no seu único partido no Estadio ABANCA-RIAZOR antes da liga, e o West Bromwich Albion inglés os que salten ao céspede, coa LXXII edición do Trofeo Teresa Herrera en xogo.