RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Amplo programa de actos, mañá sábado, con motivo do decano dos torneos estivais, o Teresa Herrera

Mañá sábado 10 de agosto, día da disputa do Trofeo Teresa Herrera 2019 en plena semana grande de festas da Coruña, está programada unha intensa axenda de actos protocolarios e deportivos en torno ao decano dos torneos estivais, que alcanza a súa septuaxésimo cuarta edición en categoría masculina e a sétima en feminina.

A xornada arrinca na Igrexa de San Nicolás, onde descansan os restos da benefactora coruñesa Teresa Herrera, para continuar no Palacio Municipal de María Pita ás 13:45 horas, coa recepción municipal a cargo da alcaldesa, Inés Rei, aos equipos participantes. Após ambos os actos e a comida oficial dos equipos e o Concello, toda a actividade trasládase ao Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR.

A axenda completa de actos é a seguinte:

13:00 h.: Ofrenda floral a Teresa Herrera na Igrexa de San Nicolás por parte da concelleira de Turismo, comercio e mercados, Diana Sobral, acompañada de membros da corporación municipal, directiva do Real Club Deportivo e demais clubs participantes.
13:45 h.: Recepción da corporación aos equipos participantes no salón de plenos do Palacio Municipal de María Pita.
16:30 h.: Finais do Mini Teresa Herrera en categorías prebenxamín e benxamín no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR.
18:30 h.: VII Trofeo Teresa Herrera Feminino: Deportivo ABANCA - UD Granadilla Tenerife.
20:15 h.: Entrega de trofeo á Xogadora Estrella Galicia do VII Trofeo Teresa Herrera Feminino e entrega de trofeos de subcampioas e campioas.
20:30 h.: Ofrenda floral aos Deportivistas Eternos nas estatuas de Chacho, Luis Otero e Juan Acuña da rúa Manuel Murguía a cargo de Francisco Martínez Zas, Inés Rei e Manuel Ríos Quintanilla "Manolete" (Presidente da Asociación de veteranos do RC Deportivo).
21:00 h.: LXXIV Trofeo Teresa Herrera Masculino: Deportivo - Real Betis.
23:15 h.: Entrega de trofeo ao Xogador Estrella Galicia do LXXIV Trofeo Teresa Herrera e entrega de trofeos de subcampións e campións.